Obxectivos do blog
Ola a todos!
Benvidos ao blog do profe de filosofía do I.E.S. Xograr Afonso Gómez de Sarria!
Pouco a pouco irei colgando as presentacións de filosofía, ética e antropoloxía, así como textos e materiais diversos para que vos axuden a estudiar as materias.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar¿Cómo podería relacionar os contextos históricos de Kant coa sua biografía ( nas fotocopías que nos deches ti)?
ResponderEliminar¿Qué entende Kant por dignidade?
¿Con qué outros autores podería relacionar Kant e de que xeito?
As tres preguntas de contexto tratan o tema da ilustración, e por iso se poden relacionar con Kant dun xeito moi doado. No principio da biografía sinalamos que kant é un autor do século XVIII, é dicir, do século das luces ou século da ilustración, e a partir de ahí podemos falar dos factores que deron lugar á ilustración, das características da razón ilustrada ou das novas ideas que introduciu este movemento.
ResponderEliminarPara Kant, o ser humano debe ser tratado sempre como un fin en sí mesmo, nunca como un medio, é dicir, nunca como unha cousa de usar e tirar. De modo que a dignidade humana é a conciencia de que todo ser humano é insustituíble e por iso debe ser tratado con respecto.
A Kant se o pode relacionar coas súas influenzas directas: os racionalistas (principalmente Descartes), e o empirismo (por enriba de todo temos a influenza decisiva de Hume). Podemos facer referencia a que Kant nega a intuición intelectual de Descartes e só admite intuicións sensibles (fenómenos). Tamén se pode relacionar con Aristóteles polo distinto significado que ambos autores lle dan ao concepto de "categorías" tal e como volo expliquei en clase.